
“Si cantan, es ti que cantas
si choran, es ti que choras
i es o marmurio do río
i es a noite, i es a aurora”

Historias con Historia
Comprendemos que detrás de cada vida hai unha historia. E esa historia, é o que conforma o “ser” de cada vida.
Así, desde o respecto e o entendemento, tratamos todos os elementos que chegan ás nosas mans (alimentos, viños, receitas, persoas…) e interpretámolos desde o noso prisma; conservando a súa esencia… o seu SER.
A nosa Terra


Produto local
A sinerxia coa contorna é fundamental para o noso crecemento.
Por iso entendemos que, se todo o que nos rodea medra, nós medramos con el.
Isto lévanos a crear vínculos afectivos (non só comerciais) con aqueles produtores que comparten o seu traballo connosco.
Se hai conexión coa persoa, é raro que o seu produto non nos emocione.


Tempada
Non nos gusta forzar.
Cada cousa ao seu tempo.
Gústanos tomar a vida cunha “calma frenética”. Cando hai que apertar…
apertamos para sacarlle o máximo zume ao que nos rodea, pero tamén o
acompañamos no seu descanso.
“As cousas non se intentan. Fanse ou non se fan”
“Ohana significa familia”

J. deixounos esta frase xunto coa súa esencia no comandero da cociña.
Isto recórdanos cada día que temos que loitar por respectarnos, pero
sobre todo a nós mesmos. Valorar e darlle o seu lugar ao que temos dentro e
fóra do restaurante. Porque sen o un, non existe o outro.

Naturalmente natural
O respecto polo terroir e polas persoas lévanos a colaborar con aqueles que
ven máis alá do estipuladamente perfecto.
Onde está a perfección?
Pode existir sen emoción?
Os “defectos” dun viño poden ser as súas VIRTUDES!! Por iso, non menosprezamos e
gozamos da súa turbidez, os seus extremos e a súa naturalidade. Cada descorche é unha
festa que celebra o esforzo das persoas que hai detrás e a nosa ilusión por
descubrir o que nos regala esa botella chea de vida.
“Nin Deus, Nin Amo, Nin Sulfitos.”
Momentos
















Unha experiencia que hai que vivir
Convidámoste a sentarte á nosa mesa e deixarte levar por unha viaxe gastronómica
